Friday 03 de May de 2024

O Partido Popular de Cambre leva ao pleno a creación dunha Comisión Especial de seguimento do Plan Xeral, así como a mala xestión dos residuos e a grave carencia de contedores nas zonas máis densamente poboadas de Cambre


O Partido Popular propuxo nos últimos meses a creación dunha Comisión Especial de Seguimento do Plan Xeral, que se someterá mañá a votación no pleno de setembro. Esta comisión especial permitirá analizar as diferentes fases de tramitación e un mellor control de todo o proceso, co obxectivo de dotar de maior transparencia e confianza aos veciños e empresas de Cambre.

Así mesmo, o Partido Popular leva tamén o pleno a grave carencia de contedores nas zonas máis densamente poboadas de Cambre, como son na parroquia do Temple e na Urbanización Barcala, e solicitar a limpeza de todos os contedores do municipio e arranxar aqueles que teñen o panca rota.
“A mala xestión do lixo en Cambre é moi preocupante, provocando que os veciños teñanque convivir con esta situación insalubre que cada vez é máis frecuente, onde os contedores existentes non son suficientes para atender a tanta xente e as bolsas acaban acumulándose no chan, algúns deles rotos e co lixo a mercé de ratas e gaivotas, sendo caldo de cultivo de roedores, ademais do mal cheiro pola falta de limpeza dos colectores, convertendo todo isto nun grave problema de saúde pública. ”, denuncia a portavoz do PP, Diana Piñeiro.